3 de octubre de 2010

BENVIDA

Ola a todos os que entrades neste recuncho. Dámosvos unha agarimosa Benvida!

Vos explicamos un pouco este nacemento prematuro:

A idea de crear un blog partiu da clase de Proxecto Interdisciplinar, xa que temos intención de ir colgando todos os nosos traballos que vaiamos facendo nas clases os alumnos de 1ºA e 1ºB de ESO.

Eliximos como temática: "O cine" e o matizamos coas curtamatraxes: pequenos anacos de cine condensado que o aderezaremos coa Risa e o Sorriso

É por iso que o noso blogue o titulamos así:
- Unha curta e un sorriso, por favor.
E ben lle poderiamos engadir:
- Sirvase vostede mismo!

Polo de agora será a profe Amalia a que vaia metendo entradas neste blogue á vez que nos aprenderá a manexarnos con el. Logo seremos nós, os alumnos, os que organicemos e traballaremos nel.

E como normas temos unhas básicas:

- Ser respectusos: cómpre ter coidado coas entradas que se colguen así como cos comentarios que se fagan. éste é un espazo para aprender e disfrutar: TODOS.

- Valorar os traballos dos demáis: Non é un blogue persoal, senón dun colectivo polo que cómpre desenvolver a capacidade de empatía e, por outra banda, priorizaremos os traballos en equipo: coordinación e cooperación.

- Coidar a limpeza do blogue: e chamamos limpeza a: ortografía e gramática do que escribimos, a estética do que publicamos, os contidos que queremos amosar...

...e agora... MANS Á OBRA E A TRABALLAR!!!!!

2 comentarios: