25 de octubre de 2010

Proba cos rapaces de 1º B E.S.O.

Aínda estamos a barallar posibilidades...
Ahí tendes una pequena proba coa cámara.
O pasamos ben!!!!!

Inmersión Lingüística


Este é o novo grupo de Inmersión Lingüistica con rapaces de diferentes niveis da ESO e de diferentes nacionalidades.
O noso obxectivo primordial é utilizar o idioma dun xeito lúdico, no que todos o pasemos ben aprendendo uns de outros... é un FEEDBACK de información.
Comezamos practicando TRABALINGUAS......
e escoitándonos a pregunta é...Quen fala castelá?

4 de octubre de 2010

VALIDATION

Inauguramos o blog cunha curta que trata de sorrisos e o seu efecto nas persoas.Na vindeira clase a comentamos.
Ide dándolle ao maxín e pensade ideas orixinais para os nosos traballos.
E...A traballar, rapaces!

3 de octubre de 2010

BENVIDA

Ola a todos os que entrades neste recuncho. Dámosvos unha agarimosa Benvida!

Vos explicamos un pouco este nacemento prematuro:

A idea de crear un blog partiu da clase de Proxecto Interdisciplinar, xa que temos intención de ir colgando todos os nosos traballos que vaiamos facendo nas clases os alumnos de 1ºA e 1ºB de ESO.

Eliximos como temática: "O cine" e o matizamos coas curtamatraxes: pequenos anacos de cine condensado que o aderezaremos coa Risa e o Sorriso

É por iso que o noso blogue o titulamos así:
- Unha curta e un sorriso, por favor.
E ben lle poderiamos engadir:
- Sirvase vostede mismo!

Polo de agora será a profe Amalia a que vaia metendo entradas neste blogue á vez que nos aprenderá a manexarnos con el. Logo seremos nós, os alumnos, os que organicemos e traballaremos nel.

E como normas temos unhas básicas:

- Ser respectusos: cómpre ter coidado coas entradas que se colguen así como cos comentarios que se fagan. éste é un espazo para aprender e disfrutar: TODOS.

- Valorar os traballos dos demáis: Non é un blogue persoal, senón dun colectivo polo que cómpre desenvolver a capacidade de empatía e, por outra banda, priorizaremos os traballos en equipo: coordinación e cooperación.

- Coidar a limpeza do blogue: e chamamos limpeza a: ortografía e gramática do que escribimos, a estética do que publicamos, os contidos que queremos amosar...

...e agora... MANS Á OBRA E A TRABALLAR!!!!!