20 de diciembre de 2010

BOAS FESTAS E FELIZ ANO RAPACES!!!!

DÉIXOVOS UN SORRISO, EN FORMA DE CURTA, E O DESEXO MÁIS GRANDE PARA QUE SE VOS VAIAN CUMPRINDO OS VOSOS SOÑOS (TODO ESTARÁ NAS VOSAS PROPIAS MANS)


A PROFE AMALIA P. OTERO

20 de noviembre de 2010

ANCHORED

Otra curta que vimos na clase de Proxecto Interdisciplinar.


Gustaríame, con esta curta, que me expliquedes as metáfotas que nela se amosan... A ver que tan en Lingua.
Veña... a facer comentarios! 

Signs (señales)

Curtometraxe australiana realizada por Patrick Hughes.
Realizada para o Schweppes Film Festival, o seu contido nárrase visualmente e con gran sencillez.
Sen apenas diálogos nin demasiadas pretensións ou trascendentalismos, Signs (señales) comunica un punto de vista positivo sobre a vida, quizais algo inocente, decididamente romántico e coas dosis xustas de tenrura.
Foi gañador na edición 2009 de Cannes.



Xa vimos esta curta na clase... ahora toca traballar con ela.
Le estes apuntamentos es contesta a través dun comentario na entrada [vai para nota ;)]

1.- En que escenarios se desenvolve a historia?
2.- Como é a evolución do protagonista? Escribe cales son os seus sentimentos que amosa ao longo da curta.
3.- Jason -o prota- ao longo da curta, cambia tamén o seu comportamento. Como acorda polas mañás?
4.- Que tipo de comunicación utilizan os protagosnistas? Explica a túa resposta. (tema 1 de Lengua Castelá)
5.- Comenta a túa opinión personal da curta.

E con isto... a disfrutar da fin de semana. Vémosnos no instituto.

25 de octubre de 2010

Proba cos rapaces de 1º B E.S.O.

Aínda estamos a barallar posibilidades...
Ahí tendes una pequena proba coa cámara.
O pasamos ben!!!!!

Inmersión Lingüística


Este é o novo grupo de Inmersión Lingüistica con rapaces de diferentes niveis da ESO e de diferentes nacionalidades.
O noso obxectivo primordial é utilizar o idioma dun xeito lúdico, no que todos o pasemos ben aprendendo uns de outros... é un FEEDBACK de información.
Comezamos practicando TRABALINGUAS......
e escoitándonos a pregunta é...Quen fala castelá?

4 de octubre de 2010

VALIDATION

Inauguramos o blog cunha curta que trata de sorrisos e o seu efecto nas persoas.Na vindeira clase a comentamos.
Ide dándolle ao maxín e pensade ideas orixinais para os nosos traballos.
E...A traballar, rapaces!

3 de octubre de 2010

BENVIDA

Ola a todos os que entrades neste recuncho. Dámosvos unha agarimosa Benvida!

Vos explicamos un pouco este nacemento prematuro:

A idea de crear un blog partiu da clase de Proxecto Interdisciplinar, xa que temos intención de ir colgando todos os nosos traballos que vaiamos facendo nas clases os alumnos de 1ºA e 1ºB de ESO.

Eliximos como temática: "O cine" e o matizamos coas curtamatraxes: pequenos anacos de cine condensado que o aderezaremos coa Risa e o Sorriso

É por iso que o noso blogue o titulamos así:
- Unha curta e un sorriso, por favor.
E ben lle poderiamos engadir:
- Sirvase vostede mismo!

Polo de agora será a profe Amalia a que vaia metendo entradas neste blogue á vez que nos aprenderá a manexarnos con el. Logo seremos nós, os alumnos, os que organicemos e traballaremos nel.

E como normas temos unhas básicas:

- Ser respectusos: cómpre ter coidado coas entradas que se colguen así como cos comentarios que se fagan. éste é un espazo para aprender e disfrutar: TODOS.

- Valorar os traballos dos demáis: Non é un blogue persoal, senón dun colectivo polo que cómpre desenvolver a capacidade de empatía e, por outra banda, priorizaremos os traballos en equipo: coordinación e cooperación.

- Coidar a limpeza do blogue: e chamamos limpeza a: ortografía e gramática do que escribimos, a estética do que publicamos, os contidos que queremos amosar...

...e agora... MANS Á OBRA E A TRABALLAR!!!!!