Este será o noso espazo, un pequeno recuncho que se irá enchendo dos nosos traballos: curtametraxes e unha manchea de sorrisos.
PROXECTO INTERDISCIPLINAR dos Alumnos do IES SAN PAIO de Tui.
Curtometraxe australiana realizada por Patrick Hughes.
Realizada para o Schweppes Film Festival, o seu contido nárrase visualmente e con gran sencillez.
Sen apenas diálogos nin demasiadas pretensións ou trascendentalismos, Signs (señales) comunica un punto de vista positivo sobre a vida, quizais algo inocente, decididamente romántico e coas dosis xustas de tenrura.
Foi gañador na edición 2009 de Cannes.
Xa vimos esta curta na clase... ahora toca traballar con ela.
Le estes apuntamentos es contesta a través dun comentario na entrada [vai para nota ;)]
1.- En que escenarios se desenvolve a historia? 2.- Como é a evolución do protagonista? Escribe cales son os seus sentimentos que amosa ao longo da curta. 3.- Jason -o prota- ao longo da curta, cambia tamén o seu comportamento. Como acorda polas mañás? 4.- Que tipo de comunicación utilizan os protagosnistas? Explica a túa resposta. (tema 1 de Lengua Castelá) 5.- Comenta a túa opinión personal da curta.
E con isto... a disfrutar da fin de semana. Vémosnos no instituto.